Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de vixilancia da saúde do persoal do Concello de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: referencia 2250.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia da saúde do persoal do Concello de Ourense.

c) CPV: 85100000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial da provincia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 20 de febreiro de 2013 e 21 de febreiro de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto polos dous anos: 60.000,00 euros. Importe total: 60.000,00 euros (30.000,00 euros/ano).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de xuño de 2013.

b) Data de formalización: 10 de xullo de 2013.

c) Contratista: Sociedad de Prevención Asepeyo, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe total polos dous anos: 44.760,00 euros
(22.380,00 euros/ano).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: de conformidade cos informes do responsable do contrato que serven como motivación e por aplicación da fórmula matemática para valorar a oferta económica, e por aplicación do resto dos criterios avaliables obxectivamente que igualmente serven de base como motivación.

Ourense, 10 de xullo de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde