Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31541

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (984/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento obxectivo individual 984/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vázquez Pampín contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., Servicios y Construcciones Santiago Serconsa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo a demanda interposta por Francisco Javier Vázquez Pampín fronte ás mercantís Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil Gasamáns, S.L. con efectos de 31.10.2012.

2. Declaro extinguida a día de hoxe (12.6.2013) a relación laboral existente entre Francisco Javier Vázquez Pampín e as mercantís Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L.

3. Condeno, conxunta e solidariamente, as empresas Escayolas Gasamáns, S.L. e Servicios y Construcciones Santiago, Serconsa, S.L. a aboarlle á parte demandante a cantidade de 30.635,94 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Servicios y Construcciones Santiago (Serconsa, S.L.) insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2013

A secretaria xudicial