Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31543

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (160/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 160/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Fungueiriño Figueira contra a empresa Fernando Pérez Rodríguez, sobre despedimento, se ditou o seguinte ditame:

«Que admito a demanda interposta por José Antonio Fungueiriño Figueira fronte a Fernando Pérez Rodríguez e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado con efectos de 14.10.2011; así mesmo, declaro extinguida a relación laboral existente entre José Antonio Fungueiriño Figueira e Fernando Pérez Rodríguez, e condeno a Fernando Pérez Rodríguez a aboarlle ao demandante a cantidade de 6.481,01 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 15.507,72 euros, en concepto de salarios de tramitación, calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución (332 días) e a aboar a cantidade de 4.746,79 euros, en concepto de salarios dos meses de agosto, setembro, 14 días de outubro e vacacións devindicadas e non gozadas do ano 2011, máis o 10% de xuro desta última cantidade, por demora no pagamento destes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fernando Pérez Rodríguez, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

A secretaria xudicial