Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Maside (expediente IN407A 2013/29-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Dacón II.

Situación: Maside.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 400 m, con condutor RHZ1, e orixe no paso aéreo a subterráneo no apoio CNO807 da LMT existente e remate no CT proxectado con envolvente de formigón Dacón II de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea a 20 kV de 780 m, en aéreo con condutor RZ e 548 m, en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT existente Dacón (32A130).

RBT aerosubterránea a 20 kV de 630 m, en aéreo con condutor RZ e 384 m, en subterráneo con condutor RZ derivada do CT proxectado Dacón II.

Orzamento: 137.170,36 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 12 de xullo de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial