Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/16).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago.

Denominación: LMTS bucle Acevedo.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

LMT subterránea bucle Acevedo.

Inicio liña (UTM): cela de liña existente no CT parque acuático Acevedo (expediente 2007/368) (UTM: 543.287:4.780.877).

Final liña (UTM): cela de liña existente no CS Cristalglass (expediente 2004/175) (UTM: 543.070;4.781.110).

Lonxitude: 363 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/30 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 8 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña