Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: alimentación LMTS polígono Penapurreira-parcela C-2.
Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea a CS Cliente, a 20 kV, cunha lonxitude de 412 m, coa orixe en cela modular de liña telecontrolada proxectada en CT Penapurreira, nº 1 (expediente 329/2007), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final en centro de seccionamento a instalar polo cliente.
Liña eléctrica de media tensión subterránea a centro de distribución 3L telecontrolado proxectado, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.332 m, con orixe en centro de seccionamento que instalará o cliente, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final en centro de distribución 3L telecontrolado proxectado.
Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Penapurreira nº 3 (expediente 329/2007), a 20 kV, cunha lonxitude de 10 m, coa orixe en centro de distribución 3L telecontrolado proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final en cela modular de liña proxectada en CT Penapurreira, nº 3 (expediente 329/2007).
Liña eléctrica de media tensión subterránea en tramo entre CT Penapurreira, nº 3 (expediente 329/2007)-CS Delicias Coruña, a 20 kV, cunha lonxitude de 190 m, coa orixe na LMTS. MOL-826 entre CT Penapurreira nº 3 (expediente 329/2007) e CS Delicias Coruña, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final na LMTS MOL-826 entre CT Penapurreira nº 3 (expediente 329/2007) e CS Delicias Coruña.
Centro de distribución 3L telecontrolado en edificio prefabricado de formigón manobra exterior.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o medio.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 5 de xullo de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña