Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se fai pública a cancelación da inscrición como corredoría de seguros e a exclusión do Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia á sociedade Joaquín Santaclara, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 53.1.b) da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros, e reaseguros privados, e no artigo 12.1 da Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, con data do 16 de abril de 2013, cancelar a inscrición como corredoría de seguros e, por conseguinte, excluír do rexistro autonómico de mediadores de seguros a sociedade Joaquín Santaclara, S.L.

A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral ante a imposibilidade de comprobar que a sociedade de corredoría cumpría cos requisitos establecidos nas letras e) e f) do artigo 27.1 da Lei 26/2006 para conservar a inscrición no rexistro administrativo, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53 da citada lei e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2013

Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO

Clave do rexistro administrativo: GX-010.

CIF: B15594039.

Denominación social: Joaquín Santaclara, S.L.

Localidade: Ferrol.

Data da resolución de cancelación: 16.4.2013.