Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Martes, 6 de agosto de 2013 Páx. 31553

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2013 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade O programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013 (o importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo Programa operativo FSE de Galicia 2007-2013 nun 80 %, no eixe 5 Asistencia técnica do programa operativo FSE, tema prioritario 86).

A Consellería de Facenda anuncia o procedemento aberto para a contratación do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade O Programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013.

1. Organismo adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 01/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade O Programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013.

c) Prazo de execución: o prazo de execución do servizo obxecto desta contratación comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e abranguerá ata o 30.11.2013. A campaña desenvolverase do seguinte modo:

– Traballos de creatividade e deseño da campaña: o adxudicatario ten 10 días desde a sinatura do contrato para presentar os devanditos traballos.

– Plan estratéxico de medios: o adxudicatario deberá presentar un plan estratéxico de medios no prazo de 10 días desde a sinatura do contrato.

– Insercións de publicidade en medios: unha vez aprobados expresamente pola Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos os traballos de creatividade así como o plan estratéxico de medios, o adxudicatario deberá lanzar a campaña aos medios, que durará como máximo un mes e finalizar, en todo caso, antes do 30.11.2013.

Non obstante, se a Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos non aprobase os traballos de creatividade e deseño da campaña así como o plan estratéxico de medios antes do 31.10.2013, o prazo de execución do contrato rematará un mes despois da dita aprobación e sempre antes do 31.12.2013.

d) CPV: 79.341000-6.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: Oferta técnica: 50 puntos (Impacto e orixinalidade da estratexia creativa: 20 puntos; Adecuación aos obxectivos da campaña: 15 puntos; Estratexia da campaña: 15 puntos); Oferta económica: 50 puntos (Custo Plan de medios: 45 puntos; Comisión axencia: 5 puntos).

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 9.297,52 € que corresponde ao 5 % do importe do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Control Orzamentario, Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 21.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19316

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría B.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares e nos puntos F e G da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata ás catorce (14.00) horas do vixésimo (20) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19316

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio