Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31300

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se anuncia unha poxa pública de armas.

Os días 14, 15, 16, 17 e 18 do mes de outubro de 2013, das 9.00 ás 13.00 horas, terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sita na avenida Domingo Fontán, nº 6, Poio (Pontevedra), unha poxa pública de 333 escopetas, 8 rifles, 21 carabinas de tiro deportivo, 19 pistolas e 8 revólveres, polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación das armas farase o día 21 de outubro de 2013, a partir das 9.00 horas, no citado acuartelamento.

Poio, 4 de xullo de 2013

Manuel Davó Soler
Coronel xefe