Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31299

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral non fixo.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de posto de traballo para cubrir 1 (unha) praza mediante contrato de revezamento ao 75 % da xornada.

– 1 praza de oficial de obras e mantemento-concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 10 (dez) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 15 de xullo de 2013

Ignacio López-Chaves Castro
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo