Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31301

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Dorna, S. Coop. Galega de Vivendas

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

En cumprimento do establecido no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que en asemblea xeral extraordinaria, que tivo lugar o 16 de xuño de 2013 se acordou, por unanimidade, a disolución desta sociedade e o nomeamento de liquidadores.

Vigo, 8 de xullo de 2013

Julio César Álvarez Moreira, Isabel Novoa Blanco, Miguel Ángel Bernárdez Pérez
Liquidadores