Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2013, da Zona de Recadación de Lugo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan varios interesados (Barro Fernández, José Ramón e un máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona de Lugo, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos ditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que no lles puido ser notificada aos interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, emprázanse os interesados, ou ós seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Lugo; rúa Conde, 30, Lugo) no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 10 de xullo de 2013

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona de Lugo

ANEXO

Interesado

NIF

Data da dilixencia

Obxecto da dilixencia

Barro Fernández, José Ramón

33806713W

19.6.2013

Not. acordo poxa

Rodríguez Rodríguez, María del Carmen

34268760W

19.6.2013

Not. acordo poxa