Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da mellora da intersección no p.q. 3+350, na AC-151, no concello de Vilarmaior, de clave AC/10/219.06.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ao programa 512-B, Construción, conservación e explotacións de estradas.

Con data do 13 de xuño de 2013, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 97/2013, publicado no DOG número 120, do 26 de xuño de 2013.

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 27 de agosto de 2012, procede á aprobación do proxecto de construción da mellora da intersección no p.q. 3+350, na AC-151, de clave AC/10/219.06, termo municipal de Vilarmaior.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Vilarmaior. Día: 26 de agosto de 2013.

Horario: das 9.30 ás 12.30 horas.

De: Álvarez Fernández, Concepción e outro a Vázquez Núñez, Mª del Carmen e outros.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Vilarmaior e no Servizo Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 8ª, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e presentar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, ao fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo Provincial da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 18 de xullo de 2013

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo Provincial da Coruña