Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2013 polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (Santiago Gil Señorans e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia en aplicación do Real decreto, 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Procedemento

Santiago Gil Señorans

53304336L

R/ Enrique Mariñas, 2-3G

15009 A Coruña

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Remalúa, S.L.

B15791312

Avenida Compostela, número 26

15888 Oroso

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Embema Sociedad de Obras, S.L.

B36337046

Rúa Bosque de los Desamparados, número 1

36600 Vilagarcía de Arousa

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo