Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2013 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 21 de maio de 2013.

Referencia: 12-27-12-C-1.

Obxecto: instalación dunha rede de telecomunicacións para servizo da lonxa do porto.

Porto: O Barqueiro.

Concesionario: R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 19,09 €/ano e o 2 % da facturación anual.

– Resolución: 4 de xuño de 2013.

Referencia: 12-08-09-C-1.

Obxecto: modificación substancial da ocupación do edificio de usos pesqueiros.

Porto: Ares.

Concesionario: Confraría de pescadores de Ares.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 1.253,62 €/ano e o 1 % do volume de negocio.

– Resolución: 25 de xuño de 2013.

Referencia: 13-11-11-C-1

Obxecto: modificación non substancial da concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á construción e explotación de instalacións náutico-recreativas.

Porto: Sanxenxo.

Concesionario: Real Club Náutico de Sanxenxo.

Prazo: 25 anos.

Taxas: 5.063,67 €/ano e entre o 1 % e o 2 % da facturación anual.

– Resolución: 4 de xullo de 2013.

Referencia: 12-38-11-C-1.

Obxecto: modificación substancial da concesión de ocupación de dominio público portuario para explotar unhas instalacións náutico-recreativas.

Porto: Muros.

Concesionario: Muport, S.L.

Prazo: 30 anos.

Taxas: 32.330,39 €/ano  e entre o 1,1 % e o 2,2 % da facturación anual.

– Resolución: 5 de xullo de 2013.

Referencia: 12-31-11-C-2.

Obxecto: ocupación dunha caseta anexa á lonxa, para almacén de aparellos de pesca.

Porto: Muxía.

Concesionario: Ana, C.B.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 942,35 €/ano.

– Resolución: 12 de xullo de 2013.

Referencia: 13-05-13-C-1.

Obxecto: ocupación parcial do edificio da casa do mar con destino á explotación de bar-cafetaría.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionario: Verónica Ordóñez Suárez

Prazo: 5 anos.

Taxas: 4.132,61 €/ano e o 2 % do volume de negocio.

– Resolución: 12 de xullo de 2013.

Referencia: 12-21-09-C-1.

Obxecto: ocupación de terreos con destino á instalación dun quiosco desmontable.

Porto: Laxe.

Concesionario: Víctor Luis Lema Castro.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 23,61 €/ano e o 2 % da facturación anual por actividades portuarias.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia