Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Luns, 5 de agosto de 2013 Páx. 31295

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre construción de dous silos de gabia para forraxe en Novás (San Xusto de Cabarcos).

Gandeiría Mantoño, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de dous silos de gabia para forraxe que se situará en Novás, nº 8, San Xusto de Cabarcos. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diaro Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Barreiros, 12 de xullo de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde