Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31110

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de corte para vacún de leite.

María Jesús González Rodríguez, en representación de Ganadería Carballo González, S.C. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de corte para vacún de leite que se situará no lugar das Carreiras (A Regueira). Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

A Pastoriza, 17 de xullo de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde