Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2013 que modifica a Resolución do 1 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de obras de restauración da capela de San Xoán da Catedral de San Martiño de Ourense.

Logo de advertir erros en varios documentos do proxecto técnico das obras que están publicados na Plataforma de contratación de Galicia,

Dispoño:

Primeiro. Realizar as modificacións oportunas no ditos documentos. Os textos corrixidos poderán consultarse no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18957

Segundo. A publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo fose domingo ou festivo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria