Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se empraza a Noemí Patricia Vázquez Álvarez no procedemento abreviado 244/2012, seguido no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra por instancia de Gala Alba Vázquez Torrado.

Gala Alba Vázquez Torrado interpuxo recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado 244/2012 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra. O obxecto do procedemento está relacionado coa solicitude formulada por Gala Alba Vázquez Torrado de que se realicen os trámites oportunos para que o profesorado debidamente titulado imparta a docencia correspondente ás ensinanzas artísticas superiores de deseño de moda na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

O recurso contencioso-administrativo tramítase como procedemento abreviado número 244/2012 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e de acordo co requirido polo xulgado, a través deste anuncio notifícase a interposición do dito recurso contencioso-administrativo para o coñecemento de Noemí Patricia Vázquez Álvarez, que se empraza para que poida comparecer no citado xulgado, no prazo de 9 (nove) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria