Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013117AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de xuño de 2013, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013117AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Proa Blanca, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Proa Blanca, S.L. o contido da dita proposta de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de xullo de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2013117AL-CO.

Interesada: Proa Blanca, S.L. (taberna do porto).

DNI/NIF/CIF: B15872955.

Último enderezo coñecido: Porto de Ares, s/n, 15624 Ares.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigo 57.2.c), 1º e 2º.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigo 6, punto 1 e 2; artigo 50.1.b) e d) e artigo 51.1, parágrafo 3º.

Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOL nº 31, do 1 febreiro), artigo 14; artigo 17 e artigo 18.

Real decreto 1801/2003, do 26 de decembro, sobre seguridade xeral dos produtos (BOE nº 9, do 10 de xaneiro do 2004), artigos 2 e 3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 60 €.