Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de transporte de obras de arte da exposición Víctor Grippo do Centro Galego de Arte Contemporánea.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18839

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 88, do 8.5.2013, corrección de erros DOG núm. 97, do 23.5.2013.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizo.

Descrición: transporte de obras de arte da exposición Víctor Grippo do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 109.550,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 2 de xullo de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 3 de xullo de 2013.

c) Contratista: Juan Luis Feltrero Oreja (Feltrero Transporte Internacional).

d) Importe de adxudicación: 88.977,26 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria