Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación do I congreso nacional da Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), do 15 de xuño de 2013, en que se recolle a modificación dos estatutos da dita organización sindical.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social