Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013049TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de xuño de 2013, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013049TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, a Óscar Sánchez López.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Óscar Sánchez López o contido da referida proposta de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 18 de xullo de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013049TA-LU.

Denunciado: Óscar Sánchez López.

NIF: 33343846X.

Último enderezo coñecido: rúa Calvo Sotelo, número 165, 2º E, 27600 Sarria (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte o tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).