Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da CECAP Galicia-Federación Galega de Empresas de Formación.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse, con data do 18 de maio de 2013, certificación da asemblea xeral extraordinaria do 8 de marzo de 2013, en que se recolle a modificación dos estatutos da CECAP Galicia-Federación Galega de Empresas de Formación.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social