Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2013/0082-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2013/0082-4.

Acta: I362013000018973.

Empresa: Peneira, S.L.

NIF: B94000569.

Enderezo: Pedreira, Xil, 32, Meaño.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 5, 37, 35.5, 8.2 e 49.2 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 7.5, 7.1, 7.4, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 31.5.2013.

Resolución: multa de 3.876 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 9 de xullo de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo