Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30596

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 10 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, anunciada pola Orde do 10 de abril de 2013.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, anunciada pola Orde do 10 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 90, do 13 de maio), de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Escola Galega de Administración Pública, anunciada pola Orde do 10 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 90, do 13 de maio).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lle fosen concedidos á interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza

ANEXO

Apelidos e nome: Portela Silva, Lucía.

NRP: 3488589302 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto de traballo: xefe/a do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións.

Código: PR.O10.00.000.15770.085 (RPT publicada no DOG nº 118, do 21 de xuño de 2013), equivalente ao PR.A01.00.000.15770.042.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.