Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30595

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2013).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 5 de febreiro de 2013, acordou por unanimidade dos membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2013), bases que foron publicadas mediante Resolución do 28 de xuño de 2013 (DOG nº 127, do 5 de xullo).

Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Téndose ratificado con data do 10 de xullo de 2013 a adhesión da entidade financeira Banco de Sabadell, S.A., cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Banco de Sabadell, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, asinado o 28 de xuño de 2013.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica