Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30598

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xullo de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante a Orde do 4 de xuño de 2013 (DOG nº 114, do 17 de xuño), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles os destinos nos postos de traballo que se indican ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión nas prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ao cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente as persoas funcionarias presten servizo, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

P.D. (Orden do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Mª Mar Lauroba Sánchez.

NRP ou DNI: 3275966624 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Arquivos, Bibliotecas e Museos; especialidade Bibliotecas.

Posto de traballo: director/a de biblioteca.

Código do posto: ED.C99.50.101.15001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Mª Sol González Regal.

NRP ou DNI: 3381360468 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Arquivos, Bibliotecas e Museos; especialidade Bibliotecas.

Posto de traballo: director/a de biblioteca.

Código do posto: ED.C99.50.101.27001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Concepción Carbajo Romero.

NRP ou DNI: 3528289802 A206P.

Subgrupo: A2.

Corpo ou escala: facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de Axudantes de Arquivos, Bibliotecas e Museos; especialidade Bibliotecas.

Posto de traballo: director/a de biblioteca.

Código do posto: ED.C99.50.101.36560.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Apelidos e nome: Mª Covadonga López de Prado Nistal.

NRP ou DNI: 0935329468 A206Q.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Arquivos, Bibliotecas e Museos; especialidade Museos.

Posto de traballo: director/a de museo.

Código do posto: ED.C99.50.101.36040.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra (Museo Massó).

Localidade: Bueu.