Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de xullo de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00037-O-2013 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de xullo de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00037-O-2013

8128-CCJ

Garda Civil 1501 H45914F

José Manuel Quintela Couto

32437843T

Canteira de Eirís, 20, 1º

15009 A Coruña

Exceso na condución ininterrompida superior ao 20 % e inferior ou igual ao 50 % do tempo máximo autorizado sen realizar as pausas regulamentarias. Máis de 5.24 h a 6.15 h.

8.10.2012; 13.15; AC-523; 00,00

Art. 142.25 en relación co art. 141.6 LOTT, art. 198.6 ROTT

Art. 143.1.f LOTT, art. 201.1.f ROTT

301 euros

XC-00265-O-2013

C-6715-BC

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Coo Álvarez Enrique, 000407093E, S.L.N.E.

B15912314

Berdoias, 2

15129 Vimianzo (A Coruña)

A realización de transporte privado nun vehículo lixeiro de máis de 3,5 t de MMA carecendo de autorización.

22.11.2012; 9.30; AC-441; 0004,500

Art. 142.25 LOTT, art. 141.13 LOTT, art. 199.25 ROTT, art. 198.13 ROTT

Art. 143.1.b LOTT, art. 201.1.b ROTT

400 euros

XC-02280-O-2012

1442-GXD

Garda Civil 1501 S50713X

Ganados Lodeiro, S.L.

B70220868

Lugar de Mansián-Santiso de Mabegondo, 25

15318 Abegondo (A Coruña)

Transporte de mercadorías desde Santiago de Compostela ata Abegondo sen ter pasado a revisión periódica do aparello tacógrafo.

8.8.2012; 17.45; N-634; 687

Art. 142.25 LOTT en relación co art. 141.5 LOTT, art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.k LOTT

201 euros