Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de xullo de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02191-O-2012 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, os interesados deberán aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 10 de xullo de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02191-O-2012

5184-DBX

Garda Civil

1504 A-35144-Y

Javier Rodríguez Gómez

52492324E

Busto de Arriba, 4, 4 C, 36900 Marín (Pontevedra)

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 10 %.

4.7.2012; 00.57; AC-553; 0001,500

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c LOTT, art. 201.1.c ROTT

341 euros

XC-02597-O-2012

7645-FVN

Garda Civil

1503 N-41519-R

Alfredo Gómez Pérez

00388842G

La Zarza, 2, 28850 Torrejón de Ardoz (Madrid)

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 8 h a 7 h e 12 minutos.

24.7.2012; 00.44; AP-9F; 0034,000

Art. 142.3 LOTT, art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c LOTT, art. 201.1.c ROTT

400 euros