Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de xullo de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e inter vivos da concesión e da batea F.O.A. I.

Visto o expediente instruído a efectos de transmisión da batea F.O.A. I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Carlos Manuel Viturro Suárez (DNI/NIF: 76967802G) faleceu o día oito de xaneiro do ano dous mil trece, solteiro, e non deixou descendencia.

Segundo. O falecido era titular do 50 % da concesión administrativa e da batea que alí está fondeada, denominada F.O.A. I, situada no distrito de Caramiñal, no polígono C, na cuadrícula 4. Non deixou disposición testamentaria ningunha, polo que foron declarados únicos herdeiros con dereito a herdanza do falecido, seus pais por partes iguais: Luciano Viturro Vidal e María Dolores Suárez Castro (DNI/NIF: 76450288J-76450958Q).

Terceiro. Mediante escrito do 2 de xullo de 2013, Luciano Viturro Vidal e María Dolores Suárez Castro (DNI/NIF: 76450288J-76450958Q), como únicos herdeiros de Carlos Manuel Viturro Suárez (DNI/NIF: 76967802G), solicitan autorización para a transmisión mortis causa e sucesivamente inter vivos a favor da súa neta Jenifer Abuín Viturro (DNI/NIF: 53486911C) do 50 % da concesión e da batea F.O.A. I.

Cuarto. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia nº 243, do 16 decembro), de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa de Carlos Manuel Viturro Suárez (DNI/NIF: 76967802G), a favor de Luciano Viturro Vidal e María Dolores Suárez Castro (DNI/NIF: 76450288J-76450958Q) como únicos herdeiros e sucesivamente, inter vivos de Luciano Viturro Vidal e María Dolores Suárez Castro (DNI/NIF: 76450288J-76450958Q) a favor de Jenifer Abuín Viturro (DNI/NIF: 53486911C) do 50 % da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: F.O.A. I.

Localización:

Cuadrícula nº: 4.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 3.8.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Carlos Manuel Viturro Suárez (DNI/NIF: 76967802G) 50 % privativo e María Carmen Viturro Suárez (DNI/NIF: 76778046K) 50 % privativo.

Novos titulares: María Carmen Viturro Suárez (DNI/NIF: 76778046K) 50 % privativo e Jenifer Abuín Viturro (DNI/NIF: 53486911C) 50 % privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de xullo de 2013

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar