Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade a formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de ampliación do CEP de Ventín en Ames (A Coruña).

1.1. Adxudicatario: CRC OBRAS Y SERVICIOS, SL.

1.2. Importe de adxudicación: 1.032.168,00 € (IVE excluído), dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

1.3. Data de adxudicación: 10 de xullo de 2013.

1.4. Data de formalización do contrato: 11 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria