Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización do contrato de servizo de restauración, incluíndo limpeza e acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa. Servizo de restauración e o seu transporte para unha ruta en kaiak e servizo de restauración, incluíndo a limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións do campo de traballo “Illas Cíes” en Vigo, Campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e Campamento xuvenil Pontemaril para o verán de 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, publícase a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: 1.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: restauración que inclúe limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións dos campos de traballo e campamentos na provincia de Pontevedra.

c) CPV: non.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 81, do 26 de abril de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Adxudicación:

– Exped. nº 42/2013: servizo de restauración que inclúe limpeza, acondicionamento, montaxe e desmontaxe das instalacións dos campos de traballo e campamentos na provincia de Pontevedra.

Orzamento base de licitación: 231.064.55 € (IVE 10 %: 23.106,45 €) total 254.171,00 € para o verán de 2013.

Adxudicatario: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

Data de adxudicación: 28 de maio de 2013.

Data de formalización do contrato: 17 de xuño de 2013.

Importe de adxudicación: 231.064.55 € (IVE 10 %: 23.106,45 €) total 254.171,00 € para o verán de 2013.

Nacionalidade: española.

Vigo, 8 de xullo de 2013

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo