Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Mércores, 31 de xullo de 2013 Páx. 30518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 16 de abril de 2013, revogatoria da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, regulada na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro de 2012), relativa ao expediente TR341D 2012/792-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 4 de xullo de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/792-2.

Nome: Carlos Daniel Roca Recimil.

DNI/NIF: 33345578V.

Último enderezo coñecido: rúa Fontedelos, 7, 27220 Friol, Lugo.

Procedemento: promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: incumprir o artigo 20.2 da orde reguladora da subvención.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo.