Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial S-02 Alto do Vento I.

Por Acordo plenario do 30 de maio de 2013 aprobouse definitivamente a modificación do Plan parcial do sector S-02 Alto do Vento I. O que se publica para os efectos previstos no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Acordo plenario de aprobación definitiva:

«Punto quinto. Aprobación definitiva da modificación do Plan parcial do sector S-02 Alto do Vento I.

(...)

Rematadas as intervencións, o Pleno da Corporación, por maioría simple do número legal de membros, cos votos a favor dos 5 representantes do grupo municipal popular e das/os concelleiras/os non adscritas/os Mª Dolores Fernández Álvarez, María González Gómez, Ramón García Argibay, Manuel J. Ferreiro Santiago, Emilio Martínez Carballeira e Alfonso Rey López, e a abstención dos 6 representantes do grupo municipal socialista e das/os concelleiras/os non adscritas/os Olalla Alvite del Río, Pilar Candocia Pita, Xosé Anxo Doval Rey e Susana Mallo Redondo, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do sector S-02 Alto do Vento I.

Segundo. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de aprobación definitiva da modificación do Plan parcial S-02 Alto do Vento I no prazo dun mes, así como a publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña do documento, xunto coa normativa e ordenanzas. No anuncio farase constar a remisión á consellería competente.

Terceiro. Comunicarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia esta aprobación definitiva, con remisión dunha copia autenticada de dous exemplares completos do documento, con todos os planos e documentos debidamente dilixenciados.

Cuarto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas ao cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e ao que dispoña para o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante.

Quinto. Notificarlles este acordo aos demais interesados no procedemento, coa indicación do réxime de recursos que procedan.

Sexto. Facultar expresamente o alcalde presidente, Santiago Vicente Amor Barreiro, para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado».

Contra este acordo, de conformidade co previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ames, 26 de xuño de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde