Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Ames e Teo (expediente IN407A 48/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de LMTA lugar de Osebe-TAV, tramo Redondela-Santiago de Compostela p.q. 82+500.

Situación: concellos de Ames e Teo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aérea Ponte Espiño-Milladoiro (expediente 27.321), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,159, coa orixe no novo apoio nº 26 e final no novo apoio nº 27 da LMTA Ponte Espiño-Milladoiro, condutor tipo LA 110/116,2 mm².

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña