Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 11/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 1 e anexo 2 ao recuamento das liñas de media tensión afectadas pola construción do acceso do AVE a Santiago de Compostela.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Cambios nas características das instalacións respecto ao proxecto orixinal:

– Na variante da liña de media tensión aérea DC Santiago II-A Pontepedriña-San Caetano (expediente 10513), proxéctase o cambio das características do apoio final do tramo I que se vai intercalar entre os apoios números 7 e 8 existentes, pasando de tipo C-3000/26 a un C-1000/26.

– Na variante da liña de media tensión aérea San Caetano-Susana-Ponte Ulla (expediente 16670), a 20 kV, instalaranse os apoios en orde invertida a como inicialmente se proxectou, sendo o primeiro de tipo C-1000/13 e o segundo tipo CH-1000/11.

– Na variante da liña de media tensión soterrada a CTC Lamas de Abade (expediente 16314), a 20 kV, proxéctase o cambio da orientación do CT e desprazamento da arqueta número 5 proxectada, pasando a ter o tramo 5-6 unha lonxitude de 40 metros.

– Na variante da liña de media tensión subterránea TC Santiago II-C Cultura, A Pontepedriña II, realízase unha canalización na rúa Castiñeiriño paralela á proxectada inicialmente na ponte do AVE, coa mesma orixe e fin que a proxectada inicialmente, e prevese manter as dúas, tendo a nova canalización unha lonxitude de 103 metros, con condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm² Al; así mesmo, non se realizará a variante da LMTS nova alimentación a Boqueixón no proxecto LMTS CT en Pumares (expediente IN407A 2006/211).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña