Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CT, RBT Carballosa II.
Situación: concellos de Ribeira e Porto do Son.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, coa orixe na LMTS aérea PMR-814 Corrubedo da LMTA ao CT Muíños, en apoio nº 53/54 entre as derivadas ao CT Carballosa e ao CT Oleiros, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV (1×240 Al) e final no CT Carballosa II proxectado.
Centro de transformación prefabricado Carballosa II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 26 de xuño de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña