Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xullo de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/104/2012 e SIL/120/2012 devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario descoñecido.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 4 de xullo de 2013, ditou a resolución derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade número SIL/104/2012 e SIL/120/2012, que se tramita a Inversiones Inmobiliarias Costa Ártabra, S.L., pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Figueiras, parroquia da Pedra, termo municipal de Cariño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita resolución a Inversiones Inmobiliarias Costa Ártabra, S.L., mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao desta notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde o recorrente teña o seu domicilio, conforme ao disposto no artigo 14.1º, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística