Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 30010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xullo de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/104/2012 e SIL/120/2012.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 4 de xullo de 2013, ditou a resolución derivada do expediente sancionador e de reposición da legalidade núm. SIL/104/2012 e SIL/120/2012, que se tramita aos herdeiros de José Santiago Fraguela, pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de praia de Figueiras, parroquia da Pedra, termo municipal de Cariño (A Coruña).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da dita resolución, devolta polo servizo de Correos por resultar o enderezo do destinatario incorrecto, aos herdeiros de José Santiago Fraguela, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante a circunscrición onde os recorrentes teñan o seu domicilio, conforme o disposto no artigo 14.1º, regra segunda, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística