De conformidade coa Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.
Atendendo ao anteriormente expuesto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á resolución pola que se outorga autorización ambiental integrada para a actividade industrial que se relaciona a seguir, e que se poderá consultar en la siguiente URL:
http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada
Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, 2ª planta.
Resolución do 18 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada ao centro de tratamento de residuos promovido por Somozas Valorización de Lodos-Biogas, S.L. (Sologas) no concello das Somozas (A Coruña) (nº de rexistro AAI: 2012-IPPC-35-260; clave de expediente: 2012-IPPC-I-0035).
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental