En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 34/2012 CA
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18022
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de obra.
b) Descrición: obra de construción dun punto limpo no concello de Nigrán (Pontevedra).
c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222100-0.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 261.743,65 €.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 261.743,65 €. Importe total: 316.709,82 €.
6. Financiación: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 44.
7. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 4.7.2013.
b) Data de formalización do contrato: 10.7.2013.
c) Adxudicatario: Covsa Construcciones Obras y Viales, S.A.
d) Importe de adxudicación: Importe neto: 230.386,76€; importe total con IVE: 278.767,98 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013
P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas