Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada das obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32 e 981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es ou manuel.perez.gonzalez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19195

d) Data límite da obtención de documentación e información: ás 14.00 horas do día 23 de agosto de 2013.

e) Número do expediente: OBRHSE 01-MP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: praza da Palloza, s/n.

2º. Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

e) Prazo de execución: 30 meses contando desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45000000-7 e outros mais. Ver a cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 17.590.050,99 € (IVE excluído) incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 15.990.955,44 €.

Importe total: 19.349.056,08 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C; subgrupos: 3, 4, 6 e 8; categoría: f.

Grupo I; subgrupo: 7; categoría: e.

Grupo J; subgrupo: 2; categoría: e.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 5.3.2 alínea c).

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 5.3.2 alínea d).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 23 de agosto de 2013, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses a contar desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sala D do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre 2 «Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar ás 12.00 horas, o día 2 de setembro de 2013. O lugar, o día e a hora da apertura do sobre 3 «Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 15 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza