Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a Estinga Servicios Sociales, S.L. a Resolución do 4 de xuño de 2013, segundo o disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2013/05.

Intentada a práctica da notificación con Estinga Servicios Sociales, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizala; por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O órgano competente da Axencia Tributaria de Galicia notificaralle o lugar, forma e prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

O interesado contra esta resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a data de notificación da presente resolución, ante a Axencia Galega de Innovación para a súa resolución pola Presidencia, de conformidade co exposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14) e no Decreto 50/2012, do 12 xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación.

Persoa xurídica: Estinga Servicios Sociales, S.L.

CIF: B15649262.

Último enderezo coñecido: avenida do Camiño Francés, nº 41 A, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

Data de resolución: 4 de xuño de 2013.

Asunto: expediente: CEI-SX-2013/05. Resolución pola que se acorda a finalización do expediente de reintegro por importe de 3.425,26 € e a revogación da subvención que lle foi concedida o abeiro da Orde do 6 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2010.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria