Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 26 de xullo de 2013 Páx. 29862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de varios contratos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos:

1. Obra de reforma (fase B) do CEIP Froebel de Pontevedra.

1.1. Adxudicataria: Obreal, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 165.111,88 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 27 de xuño de 2013.

1.4. Data de formalización do contrato: 1 de xullo de 2013.

2. Obra de remodelación de espazos na zona residencial do IES de Vilamarín (Ourense).

2.1. Adxudicataria: Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L.

2.2. Importe de adxudicación: 52.929,12 € (IVE excluído).

2.3. Data de adxudicación: 3 de xullo de 2013.

2.4. Data de formalización do contrato: 4 de xullo de 2013.

3. Obra de execución dunha nova cuberta no IES Xesús Taboada Chivite de Verín (Ourense).

3.1. Adxudicataria: Construcciones Benigno Álvarez, S.L.

3.2. Importe de adxudicación: 92.880,74 € (IVE excluído).

3.3. Data de adxudicación: 3 de xullo de 2013.

3.4. Data de formalización do contrato: 10 de xullo de 2013.

4. Servizo para a redacción do proxecto básico e de execución para a construción dun novo IES en Culleredo.

4.1. Adxudicataria: Naos 04 Arquitectos, S.L.P.

4.2. Importe de adxudicación: 58.000,00 € (IVE excluído).

4.3. Data de adxudicación: 27 de xuño de 2013.

4.4. Data de formalización do contrato: 10 de xullo de 2013.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria