Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29436

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013 pola que se fai público o resultado do proceso de selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader, en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento administrativo MR704A).

Por Resolución do 29 de abril de 2013 regúlase a selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Feader, en réxime de concorrencia non competitiva, apróbanse as bases reguladoras das ditas subvencións e convócanse para o ano 2013 (DOG nº 90, do 10 de maio).

Con data do 8 de xullo de 2013 resolveuse estimar catro solicitudes de obtención da condición de entidade colaboradora e o 16 de xullo asináronse os convenios de colaboración entre Agader e as entidades colaboradoras, de acordo co previsto no artigo 12 das bases reguladoras.

Segundo dispón o ordinal terceiro da Resolución do 29 de abril pola que se convocan as subvencións para o ano 2013, o prazo para presentar solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras seleccionadas. A presentación de solicitudes realizarase necesariamente a través de calquera das entidades colaboradoras seleccionadas.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer público, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Agader http://agader.xunta.es, o resultado do proceso de selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite.

A relación de entidades colaboradoras seleccionadas xúntase a esta resolución como anexo I.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Entidade colaboradora

Enderezo

Correo electrónico

Teléfono gratuíto

web

Duo Telecomunicaciones, S.L.

R/ Luis Otero, 2, baixo, dta., 36005 Pontevedra

duo@duoteleco.es

900373514

www.duoteleco.es

Eurona Wireless Telecom, S.A.

Estrada de L´Hopitalet 11, Nau 4, 08940 Cornellá de Llobregat, Barcelona

atencionalcliente@eurona.net

900848404

www.eurona.net

Quantis Global, S.L.

R/ Marie Curie, 5-7, Edif. Alfa, 3º, 7, Rivas Vaciamadrid 28521 Madrid

bandalarga@quantis.es

900102504 

www.quantis.es

Juan Manuel García Díez

Avda. A Terra Chá, 28-30, 4ª C, 27800 Vilalba, Lugo

garciaboado@galicia.com

Pendente de activar

www.terrachatechnology.es