Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29438

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de Turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Advertido erro nesta resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 119, do 25 de xuño de 2013, procédese á súa corrección, de xeito que na páxina 24660, artigo 14, parágrafo 1, onde di: «nos lugares sinalados no artigo 3 da convocatoria», debe dicir: «por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».