Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública (expediente 141/13).

José Luis Rivas González solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de vehículos automóbiles nas ramas de mecánica, electricidade e electrónica, carrozaría e pneumáticos, na rúa dos Canteiros, parcela 21, subparcela A.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 12 de xuño de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo