Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29739

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, da cesión do uso e explotación comercial dunha parte da rede pública sen fíos wifi de Ourense.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2263.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, da cesión do uso e explotación comercial dunha parte da rede pública sen fíos wifi de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: tres anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72510000-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 52 puntos.

– Plataforma de xestión de contidos con capacidades de localización no punto de acceso: 4 puntos.

– Sistema polo que se poida manter unha área restrinxida de navegación con contidos walled garden: 4 puntos.

– Creación dun mapa en liña de localizacións dos puntos de acceso wireless da rede wifi do concello: 4 puntos.

– Plataforma de xestión de usuarios: con altas, baixas e modificación de servizos: 4 puntos.

– Sistema de xestión dos consumos de cada un dos puntos de acceso: 4 puntos.

– Interconexión con outros operadores de servizos wireless: 4 puntos.

– Sistema de segmentación e xestión de usuarios en función da súa procedencia: 4 puntos.

– Plan de integración e dinamización local mediante o canal wifi: 4 puntos.

– Campañas de difusión exclusivas da zona wifi de Ourense: 4 puntos.

– Deseño e aspectos da estratexia de publicidade en liña: 4 puntos.

– Descrición de todas as técnicas de publicidade en liña directa ou indirecta que se van utilizar: 4 puntos.

– Módulo de xestión de publicidade en liña no portal de acceso: 4 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 139.805,00 euros (duración inicial do contrato e posibles prórrogas).

b) Canon mínimo que terá que aboar o licitador por ano. Importe neto: 27.961,00 euros. IVE: 5.871,81 euros. Importe total: 33.832,81 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 8.550,00 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se establece no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se establece no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, nº 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 16 de xullo de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde