Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29743

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre obras de acondicionamento e apertura de nave con destino a comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxaría, adorno, agasallo e reclamo (expediente 21919/12).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente 21919/12, tramitado por instancia de Gran Merkasia 2012, S.L. r/p Hailong Wang, de licenzas municipais de obras de acondicionamento e apertura de nave con destino a comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxaría, adorno, agasallo ou reclamo no lugar de San Caetano-Alba en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 30 de abril de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo